7/4/11

Carta al Rector dela UDC - Pagamos para seguir formándonos:

Boas tardes,

A Asociación de Estudantes de Educación Física (AESEF-UDC) que integra no seu seo aos 25 representantes democráticamente elixidos nas pasadas elecións cunha participación elevada por parte do estudantado da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, manifesta:

- A súa disconformidade en relación ós últimos acontecementos que están a pasar en relación ó servizo de conserxería.
 
- O noso dereito a seguir formándonos nos horarios académicos establecidos así como nas horas recollidas no plan bolonia como "traballo propio do alumno" nas instalacións da FCDEF.

É deber dos representantes de alumnos velar polos intereses e dereitos dos seus representados. Do mesmo xeito, é obxecto da AESEF loitar por unha educación superior para o alumno de Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Polo tanto, esiximos:

- A plena disposición das instalacións para o desenvolvemento das actividades académicas, estudiantís e deportivas na FCDEF.

Esperamos que a UDC loite tamén polos dereitos dos seus alumnos e incidencias como éstas se deixen nun plano meramente anecdótico.

No hay comentarios: