1/10/08

Educación desatende as reclamacións económicas das universidades

O escenario de crise económica foi a escusa esgrimida este martes pola conselleira de Educación para rexeitar as reclamacións dos reitores.

Fronte ás queixas e advertencias dos reitores sobre as necesidades económicas do sistema universitario galego, a titular de Educación, Laura Sánchez Piñón, retrucou este martes que o actual Goberno xa amosou o seu compromiso cun incremento significativo sobre as cantidades asignadas na anterior etapa. Sánchez Piñón referiuse ao gasto directo de até 125 millóns de euros máis neste exercicio que os orzamentados en 2005, cantidade que implica, segundo subliñou, un 50% máis.

Deste xeito, a consellaría confirma o rexeitamento das demandas reiteradas os últimos días polos reitores das universidades, que chamaban á revisión inmediata do plan de financiamento vixente até 2010. Na opinión dos reitores é necesario un novo plan que axude a financiar os cambios requiridos pola adaptación ao sistema universitario europeo. Paradoxalmente, a conselleira declarou que esa revisión "non se debe facer nun momento de recesión económica, senón de expansión". Sánchez Piñón pediu por iso agardar a un momento de "mellor conxuntura económica" para responder aos "retos" da universidade.
-
Vieiros
-

Que procuramos?

-
- Informar e asesorar aos estudantes no ámbito académico.
- Representar aos estudantes e defender os seus dereitos perante calqueira organismo, xa sexa público ou privado; con un status legal e non de maneira individual.
- Dar identidade aos representantes de estudantes, nos organismos de goberno tanto do centro (Xunta e Departamento) como nos retoriais (Claustro, Consello de Goberno e Comisións).
- Realización e promoción de actividades culturais, lúdicas e deportivas.
- Autonomía e independencia na organización de xornadas, congresos, cursos, seminarios, etc. dende a demanda dos propios intereses e das necesidades do estudante e non dende a oferta xeral existente.
- Publicitarnos no campo laboral con proxectos que melloren a percepción e fagan ver a necesidade do Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
-

Quen somos?

Somos estudantes que aspiramos a normalizar e mellorar a situación do estudante na Faculdade e a situación da Educación Física e o Deporte, e na sociedade. Por iso organizámonos intentado xuntar tódalas forzas posibeis para acadar o noso cometido.
-